Mostrando entradas con la etiqueta deporte local. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta deporte local. Mostrar todas las entradas
lunes, 9 de junio de 2014
lunes, 19 de mayo de 2014
Provincial de Voleibol. 17-05-2014
Os equipos da Gándara foron os grandes vencedores do campionato provincial, xa que se adxudicaron tres dos catro títulos que estaban en xogo. Gañaron os benxamíns mixtos, os benxamíns femininos e o alevín mixto. Na categoría alevín feminina impúxose o Emevé con bastante claridade.
Na categoría alevín mixta, os resultados foron os seguintes: A Gándara, 2-Ferroviario, 1 (25-7, 15-25 e 15-6); Ferroviario, 1-Emevé AM1, 2 (6-25, 25-14 e 12-25); Emevé AM1, 1-A Gándara, 2 (22-25, 25-19 e 13-15). O equipo de Óscar gañou os seus dous partidos, demostrando unha gran superioridade sobre os seus rivais, e ratificando a gran tempada que certificaron. O Emevé AM1 foi segundo e o Ferroviario acabou terceiro.
Na categoría alevín feminina, estes foron os marcadores das semifinais: Torre de Lemos, 0-Emevé AF1, 2 (9-25 e 15-25); A Gándara, 2-Emevé AF2, 1 (26-24, 10-25 e 15-12). No encontro polo terceiro e cuarto posto impúxose o Emevé AF2 por 1-2 ao conxunto de Torre de Lemos (25-7, 15-25 e 10-15). Na final impúxose o Emevé AF1 por 2-0 á escuadra da Gándara (25-5 e 25-12).
As semifinais da categoría benxamín mixta deparou estes marcadores: Emevé BM2, 1-A Gándara, 2 (12-25, 25-21 e 9-25) e Emevé BM1, 0-Escolapios, 2 (15-25 e 18-25). O Emevé BM2 gañou o partido polo terceiro e cuarto posto por 0-2 (18-25 e 11-25). Na final impúxose A Gándara aos Escolapios por 2-1 (25-12, 24-26 e 15-6).
Categoría benxamín feminina
Nesta categoría os resultados foron os seguintes: Emevé BF1, 2-Emevé BF2, 0 (25-9 e 25-15), Emevé BF2, 1-A Gándara, 2 (8-25, 25-21 e 10-15), e A Gándara, 2-Emevé BF1, 0 (25-22 e 25-12). Ao final do torneo procedeuse á entrega de trofeos.
viernes, 2 de mayo de 2014
Un triplete para Noelia Sánchez, ex-alumna do CEIP A Gándara
A ex-xogadora da Pinguela, Noelia Sánchez, conquistou o seu segundo título da Superliga Española de voleibol, e fíxoo co Embalaxes Blanco Tramek Murillo, que endosou un 3-0 inapelable na final ao cadro pamplonica do GH Leadernet. Con esta liga, a deportista monfortina logra o segundo triplete da súa carreira, xa que a escuadra rioxana tamén se alzou coa copa da Reina e coa Supercopa.
«Estou moi contenta, porque supón acadar ou segundo triplete con dous equipos distintos. É a sensación dun traballo ben feito ao longo de toda a tempada», indicou Noelia Sánchez.
A excapitana da Pinguela recoñece que vive o mellor momento da súa carreira deportiva. «Non podo pedir máis, porque lestes títulos estánme chegando con 32 anos, idade que coincide co intre de maior madurez. Estou gozando moitro», sinalou.
O Neka logrou cinco medallas no provincial
O Ximnasio Neka conquistou cinco medallas no campionato provincial escolar de taekuondo que se disputou en Vilalba. José Ignacio Díaz, Ángel Díaz e Mario Fernández alzáronse cos metais de ouro; Carlos Fernández adxudicouse a de prata, mentres que José Roca conquistou o bronce. Ao final causou baixa Manuel Veloso, que non puido asistir despois de sufrir un golpe nun dedo.
Os cinco deportistas monfortinos lograron deste xeito a clasificación para o campionato galego que se disputará a principios do mes de xuño ben en Monforte ou en Vilalba. «Estamos moi contentos, porque os cinco deportistas que levabamos accederon ao podio, e isto é moi meritorio, tendo en conta que só nos superou a Escola Lucense, que desprazou a máis participantes», indicou o director deportivo do Ximnasio Neka, José María Vega .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

