lunes, 19 de mayo de 2014

Provincial de Voleibol. 17-05-2014


Os equipos da Gándara foron os grandes vencedores do campionato provincial, xa que se adxudicaron tres dos catro títulos que estaban en xogo. Gañaron os benxamíns mixtos, os benxamíns femininos e o alevín mixto. Na categoría alevín feminina impúxose o Emevé con bastante claridade.
Na categoría alevín mixta, os resultados foron os seguintes: A Gándara, 2-Ferroviario, 1 (25-7, 15-25 e 15-6); Ferroviario, 1-Emevé AM1, 2 (6-25, 25-14 e 12-25); Emevé AM1, 1-A Gándara, 2 (22-25, 25-19 e 13-15). O equipo de Óscar gañou os seus dous partidos, demostrando unha gran superioridade sobre os seus rivais, e ratificando a gran tempada que certificaron. O Emevé AM1 foi segundo e o Ferroviario acabou terceiro.
Na categoría alevín feminina, estes foron os marcadores das semifinais: Torre de Lemos, 0-Emevé AF1, 2 (9-25 e 15-25); A Gándara, 2-Emevé AF2, 1 (26-24, 10-25 e 15-12). No encontro polo terceiro e cuarto posto impúxose o Emevé AF2 por 1-2 ao conxunto de Torre de Lemos (25-7, 15-25 e 10-15). Na final impúxose o Emevé AF1 por 2-0 á escuadra da Gándara (25-5 e 25-12).
As semifinais da categoría benxamín mixta deparou estes marcadores: Emevé BM2, 1-A Gándara, 2 (12-25, 25-21 e 9-25) e Emevé BM1, 0-Escolapios, 2 (15-25 e 18-25). O Emevé BM2 gañou o partido polo terceiro e cuarto posto por 0-2 (18-25 e 11-25). Na final impúxose A Gándara aos Escolapios por 2-1 (25-12, 24-26 e 15-6).
Categoría benxamín feminina
Nesta categoría os resultados foron os seguintes: Emevé BF1, 2-Emevé BF2, 0 (25-9 e 25-15), Emevé BF2, 1-A Gándara, 2 (8-25, 25-21 e 10-15), e A Gándara, 2-Emevé BF1, 0 (25-22 e 25-12). Ao final do torneo procedeuse á entrega de trofeos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario