A ex-xogadora da Pinguela, Noelia Sánchez, conquistou o seu segundo título da Superliga Española de voleibol, e fíxoo co Embalaxes Blanco Tramek Murillo, que endosou un 3-0 inapelable na final ao cadro pamplonica do GH Leadernet. Con esta liga, a deportista monfortina logra o segundo triplete da súa carreira, xa que a escuadra rioxana tamén se alzou coa copa da Reina e coa Supercopa.
«Estou moi contenta, porque supón acadar ou segundo triplete con dous equipos distintos. É a sensación dun traballo ben feito ao longo de toda a tempada», indicou Noelia Sánchez.
A excapitana da Pinguela recoñece que vive o mellor momento da súa carreira deportiva. «Non podo pedir máis, porque lestes títulos estánme chegando con 32 anos, idade que coincide co intre de maior madurez. Estou gozando moitro», sinalou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario