viernes, 2 de mayo de 2014

O Neka logrou cinco medallas no provincial


O Ximnasio Neka conquistou cinco medallas no campionato provincial escolar de taekuondo que se disputou en Vilalba. José Ignacio Díaz, Ángel Díaz e Mario Fernández alzáronse cos metais de ouro; Carlos Fernández adxudicouse a de prata, mentres que José Roca conquistou o bronce. Ao final causou baixa Manuel Veloso, que non puido asistir despois de sufrir un golpe nun dedo.
Os cinco deportistas monfortinos lograron deste xeito a clasificación para o campionato galego que se disputará a principios do mes de xuño ben en Monforte ou en Vilalba. «Estamos moi contentos, porque os cinco deportistas que levabamos accederon ao podio, e isto é moi meritorio, tendo en conta que só nos superou a Escola Lucense, que desprazou a máis participantes», indicou o director deportivo do Ximnasio Neka, José María Vega .

No hay comentarios:

Publicar un comentario