https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2019/01/16/adrian-rodriguez-cumple-sueno/0003_201901M16C5991.htm
A delegación de árbitros de Monforte está de noraboa. A pasada fin de semana debutou un novo colexiado. Trátase de Adrián Rodríguez Pacio, que con 12 anos cumpliu o seu gran soño, que non era outro que dirixir un partido oficial. Foi o choque de prebenxamíns da liga provincial de Ourense entre o Calasancio e o Arenteiro.
No seu estreo Adrián tivo unha actuación de sobresaínte. Foi apoiado na súa posta en escea polo árbitro de A Penela, David Pérez, e o delegado de Monforte, Saúl López. Recoñece que estivo nervioso nos prolegómenos do encontro pero saiu satisfeito da súa actuación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario