martes, 10 de abril de 2018

CAMPIONATO ALEVÍN FEDERADO EN PONTEVEDRA

Dous equipos do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos (un masculino e un femenino) participaron o pasado sábado na 2ª Proba do Campionato Galego de Voleibol disputada en Pontevedra. O Equipo Alevín Masculino rematou en terceiro posto, tras caer na semifinal contra o equipo de Dumbría e vencer no partido pola medalla de bronce ao equipo de Calasancias de A Coruña. Pola súa banda o equipo feminino rematou na oitava posición, o que lle permite seguir sumando puntos para a clasificación para a fase final.

Este próximo domingo 15 de abril, celebrarase a 3ª Proba na localidade de Villalba. O CEIP A Gándara de Monforte de Lemos ten previsto enviar a esta proba un total de 30 xogadores/as repartidos en 6 equipos: 4 equipos benxamíns que disputarán o Campionato Provincial Benxamín e 2 alevíns que pelexaran polos puntos para poder disputar a fase final do Campionato Galego Alevín, do que xa foron gañadores o ano pasado 2017 en categoría Alevín Feminina e no 2015 en alevín masculino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario