sábado, 17 de enero de 2015

Resultados 1ª Jornada Voleibol

                      
A partir desta semana os alumnos de 6º escribiremos esta crónica deportiva sobre os partidos de voleibol dos nosos equipos na fin de semana.

Hoxe comezaremos cos equipos que xogaron segundo a orde dos partidos.Estos equipos foron os que participaron:
-Infantil masculino
-Infantil feminino
-Alevín feminino
-Benxamín feminino

OS PARTIDOS FORON:
·Gándara infantil masculino vs. Gándara infantil feminino.

Neste partido xogaron case todos os compoñentes dos equipos.Gañou o equipo masculino e por pouco;aínda que era o primeiro partido da temporada xogaron todos bastante ben pero con algo de nervios.

·Gándara alevín feminino vs. Escolapios alevín feminino.
Este foi o segundo partido no que xogou a Gándara. Este partido foi bastante normaliño,esperábase que fora un partido máis emocionante pero aínda así estivo moi entretido. Eso sí, a Gándara gañou.

·Gándara benxamín  feminino vs.Escolapios benxamín feminino.

Neste partido o noso equipo perdeu. Foron todo o tempo bastante igualadas pero vese que as nenas dos Escolapios xogaron mellor.

·Gándara benxamín feminino vs. Ferroviario benxamín feminino.
Este foi o último partido que xogamos e a verdade é que foi bastante fácil.Todas as nenas puxeron moito empeño e gañar consigueron.



E ata aquí chegamos , esperamos que vos guste moito a reportaxe.
Ata a semana que ven e que xoguedes moito ao voleibol

Crónica realizada por CECILIA QUIROGA



Infantil: GÁNDARA FEMININO 1 - GÁNDARA MASCULINO 2


Alevín Feminino: Gándara Feminino 2 - Escolapios 1


 Benxamín Feminino : Gándara Feminino 1 - Escolapios 2





Benxamín Feminino: Gándara Feminino 2 - Ferroviario 1





No hay comentarios:

Publicar un comentario