martes, 26 de febrero de 2013

V Carreira Popular Concello de Monforte celebrarase o día 3 de marzo

A Carreira Popular é un evento deportivo dos máis importantes, se non o máis importante, que organiza o Concello de Monforte durante o ano 2013, dada a súa repercusión social polo carácter popular da proba, na que pode participar calquera persoa que o desexe sen necesidade de pertencer a algún club deportivo federado.

A Carreira, que conta coa colaboración de Coca Cola, e Xoiería Camilo e o patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e do GDR Ribeira Sacra, divídese nunha serie de probas para categorías menores e unha proba para categoría absoluta.

As probas para categorías menores oscilan entre os 80 e os 1.500 metros de percorrido. Así haberá unha proba que denominamos Biberón para nenos / as nados / as despois do ano 2008, na que terán que percorrer unha distancia de 80 m. Trátase dunha proba non competitiva na que non vai haber clasificacións e tódolos participantes recibirán unha medalla pola súa participación. Esta proba terá lugar ás 11:00 h. e tódolos interesados en participar poderán formalizar a súa inscrición o mesmo día na carpa da organización.

O resto de probas das categorías menores divídense en tres:
  • 600 m. para nenos / as nados /as entre os anos 2004 e 2008 que dará comezo ás 11:05 h.
  • 1.000 m. para nenos / as nados / as entre os anos 2002 e 2003 que dará comezo ás 11:15 h.
  • 1.500 m. para nenos / as nados / as entre on anos 1998 e 2001 que dará comezo ás 11:30 h.

O circuíto de todas estas probas localizarase na zona ca Compañía, Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure.

Tódolos interesados en participar nalgunha destas probas menores terán que facer a súa inscrición enviando o seu nome e apelidos, data de nacemento, localidade e club ó que pertencen, no caso de telo, á dirección de correo electrónico lodeco@lodeco.es ou ben a través da Oficina Municipal de Deportes deportes@concellodemonforte.com. As inscricións faranse dende o luns 18 de febreiro e ata o xoves 28 de febreiro ás 19:00 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario