lunes, 6 de enero de 2020

As nosas exalumnas Candela Vázquez e Xiana Muñoz debutan na Copa Galicia

As exalumnas do CEIP A Gándara Candela Vázquez e Xiana Muñoz debutaron esta semana na Copa Galicia Senior disputada en Santiago de Compostela.




Candela Vázquez xoga actualmente na posición de receptora no Club Korbis. Comezou a xogar co equipo do CEIP A Gándara en categoría benxamín e acadou un 3º posto no Campionato Galego alevín 2015 celebrado en Lugo e un 3º posto no Campionato Galego Federado 2016 disputado en Noia.


Xiana Muñoz xoga tamén como receptora no equipo cadete do Club Korbis. No ano 2017 foi unha xogadora clave no equipo do CEIP A Gándara que se proclamou Campion Galego Federado Alevín Femenino e participou no Campionato de España de Valladolid conseguindo rematar entre os 20 mellores equipos de España.